Música de altura
Unha vez que xa temos clara a escala musical e as cores das notas que a forman, xa case podemos comezar a compoñer a nosa propia melodía! Pero... antes de poñernos mans á obra ca paleta de cores, cómpre saber de antemán que dirección imos tomar. Porque no tobogán do son, as cousas sempre poden subir ou baixar de maneira inesperada.
No ámbito musical, cando un son sobe ou baixa dicimos que varía a súa altura, que é unha das catro calidades do son. Se un son ascende, modifícase a súa altura (faise máis alto) e convértese nun son agudo, e do mesmo xeito cando descende transfórmase nun son grave. Sinxelo, non é?
Aquí tendes un pequeno exemplo sonoro de como un son pode modificar a súa altura subindo ou baixando.
- O son sobe; comeza grave e faise máis agudo.
- O son baixa; comeza agudo e convértese en grave.
Se tiveramos que debuxar en forma de tobogán o que fai o son, nos atopariamos cos seguintes debuxos:
No primeiro caso, cando o son sobe, a liña do tobogán tamén o fai:
No segundo caso, o tobogán comeza arriba e remata abaixo, baixando coa música: