Saltar navegación

SABÍAS QUE?

Como se miden as ondas?

Ondas trompeta
Brgfx (Freepik). Niño tocando la trompeta con un icono de onda de sonido (CC BY)

Na música, tódolos sons que coñecemos están formados por ondas sonoras, que producen unha pequena vibración ao transmitirse polo aire. Para que vos fagades unha idea, acontece algo semellante co que sucede se tiramos unha pedra a un charco; créanse ondas arredor e vanse separando progresivamente. Pois ben, estas ondas varían en función das características do elemento que produza o son inicial, coñecido como fonte sonora, orixinando combinacións de ondas que avanzan de forma diferente en cada caso. No referente á escala musical, cada nota posee un número determinado de vibración por segundo, que chamamos frecuencia de vibración. Se coñecemos esta frecuencia, podemos afinar de maneira óptima un instrumento ou a nosa propia voz, de maneira que chegue a realizar exactamente a mesma nota.  Para medir a frecuencia de vibración do son empregamos os Hertzios  (Hz), que reflexan precisamente ese número de vibracións por segundo.

Fai tempo, os músicos empregaban un aparello moi curioso que emitía sempre o mesmo son ao golpealo, e que lles servía como nota de referencia para afinar os seus instrumentos: o diapasón. A súa frecuencia de vibración é exactamente de 440Hz (vibracións por segundo).

Diapasón
Heliark (Wikimedia). Tuning-fork (Dominio público)

Na actualidade a tecnoloxía evolucionou moito, e agora empregamos aparellos electrónicos para afinar que son popularmente coñecidos como afinadores. Por sorte, neste tipo de instrumentos modernos podemos afinar todas as notas da escala, e existen multitude de modelos no mercado. Aquí tedes un exemplo moi común: 

Afinador
Langec (Wikimedia). Chromatic-tuner-pickup (Dominio público)

Agora ben, como sabemos a frecuencia de vibración de cada nota musical? Pois... para iso estou eu! Na seguinte táboa amósase a frecuencia de vibración particular para cada nota (en Hz). Coñecendo este valor, poderemos manexar a ferramenta dixital que vos vou a presentar de forma que se axuste perfectamente a cada nota.

Táboa de vibracións (Hz)
Iván Suárez. Táboa de vibracións (Hz) (CC BY)

E por último, agora que xa coñecemos o segredo da afinación perfecta, soamente queda por facer a proba e comprobar se é verdade! Empregaremos para conseguilo unha ferramenta dixital chamada OSCILLATOR

Fai clic na seguinte lapela para coñecer en profundidade o seu funcionamento!

INSTRUCIÓNS

A ferramenta dixital que empregaremos pertence novamente ao Laboratorio Musical de Google, chámase OSCILLATOR (que quere dicir que oscila para arriba e para abaixo). Trátase dun recurso gratuíto e en aberto, e o funcionamento é moi sinxelo: 

  1. Primeiro deberemos escoller o noso avatar (podemos seleccionar o que máis nos guste picando nas frechas laterais, e cada unha ten unha cor e un son particular).
  2. Despois escollemos as indicacións precisas, e para facelo deberemos picar no seu corpo e arrastrar sen soltar o punteiro do rato na dirección que queiramos que se mova (arriba-agudo, abaixo-grave).
  3. Unha vez deixemos de arrastrar e soltemos o rato, o avatar recuperará a súa posición inicial. No seguinte vídeo atoparedes unha pequena demostración!
Iván Suárez. Oscillator (demo) (CC BY)

Desta volta prestaremos especial atención ó número que se amosa ó pé da imaxe e que nos indica a frecuencia de vibración na que nos atopamos.

Hz
Iván Suárez. Frecuencia OSCILLATOR (CC BY)

Para afinar cada unha das notas, o valor deste número deberá aproximarse o máis posíbel á referencia que temos na táboa anterior. 

Agora toca afinar a orella, moita sorte!

Feito con eXeLearning (Nova ventá)