Saltar navegación

Polifonía

Varios sons ao mesmo tempo!

Barras de cores
Freepik. Patrón de rayas de diseño plano (CC BY)

Por estas alturas do campeonato, e coa melodía da nosa composición dando voltas arredor da nosa cabeciña, soamente precisamos crear un pequeno acompañamento da mesma para que finalmente soe como unha auténtica canción.

En realidade, a maior parte das cancións que coñecemos seguen unha estrutura de melodía acompañada, é dicir, a presenza dunha liña melódica (vocal ou instrumental) destaca sobre o resto de instrumentos que realizan un acompañamento en segundo plano. 

Pois ben, para logralo existen unha serie de conceptos que debemos manexar antes de pornos creativos!

Liña melódica

Coma poidéchedes comprobar na actividade anterior, cada unha das notas que forma unha melodía ocupa a súa posición nunha liña do tempo imaxinaria, de forma que non acontece nunca que dous sons comparten xusto o mesmo espazo. Isto significa que non tocamos varias notas á vez, e respectamos esa secuencia de notas que avanza progresivamente no tempo. 

E vós pensaredes... "xa pero unha melodía non está composta tamén por diferentes sons?" A resposta é que sí. Pero a diferencia do que acontece coas melodías neste caso varios sons se producen a un tempo, de maneira que comezan e rematan xuntos.

Na seguinte vídeo amósase unha liña melódica, que sobe e baixa polas diferentes filas que compoñen as notas da escala. Se vos fixades nunca coinciden varias notas na mesma columna, senón que se van sucedendo formando pequenas ondas musicais.

Iván Suárez Prada. Melodía (CC BY)

Acompañamento

Como xa explicamos, o acompañamento é o soporte musical sobre o que se constrúe a melodía, que interactúa con ela e polo tanto presenta moitas cosas en común. Poderiamos dicir que representan ámbalas dúas caras da mesma moneda. Para conseguir entender o concepto de acompañamento, primeiro cómpre detallar que desta volta traballaremos con varios sons ao mesmo tempo, algo que se coñece como polifonía.

Se dedicamos un pequeno anaco de tempo a analizar a propia palabra "polifonía", indícanos precisamente o seu significado. O prefixo "poli-" que dicir varios, e a palabra "fono" é un étimo latino que significa son. Polo tanto, se unimos ambos termos obtemos o resultado de "polifonía = varios sons".

Pois ben, a polifonía producirase entón cando nunha mesma columna, xuntemos en vertical dous ou máis sons que se tocarán ao mesmo tempo. A verdade é que non é tan sinxelo de asubiar coma unha melodía, pero é unha parte importantísima a hora de compoñer as obras musicais, e funciona como unha base sobre a que se constrúe despois.

No seguinte vídeo tedes un exemplo gráfico:

Iván Suárez. Acompañamento (CC BY)

Melodía acompañada

E agora chega o momento que de seguro estabamos agardando! Que acontecerá se mesturamos a melodía co seu acompañamento? Pois a resposta tédela deseguido! Prestade especial atención ao funcionamento de ambas partes en conxunto, e o ben que se levan a pesar de ser tan diferentes!

Iván Suárez. Melodía e acompañamento (CC BY)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)