Arco da vella musical!
Como sabedes a escala musical está formada por unha serie de notas, que de maneira ordeada soben e baixan, do mesmo xeito que o arco da vella está formado por moitas cores que aparecen sempre seguindo a mesma orde. Pero... que acontecería se xuntamos as dúas cousas e pintamos as notas musicais coas cores do arco da vella? Esta técnica denomínase "sonocolores", e consiste en atribuír a cada nota unha cor específica para poder identificala sen esforzo cando realizamos a práctica instrumental.
Imos a velo, non perdades ollo!