As nosas voces, diferentes!
De seguro que en máis dunha ocasión repararíades nas peculiaridades da vosa propia voz, algo que ten especial que a fai totalmente recoñecíbel e diferentes ás demáis. De feito, poderiamos recoñecer as voces das persoas máis achegadas a nós simplemente con escoitar unha soa palabra, sen necesidade de ollar para elas ou manter unha conversa durante tempo, non si? Existe unha calidade do son encargada de atribuírlle a cada instrumento, persoa, obxecto... a súa identidade musical, e recibe o nome de timbre. O timbre ten que ver cos materiais cos que se fabricou un instrumento, o seu tamaño e forma, e no caso concreto das persoas coa morfoloxía do noso propio corpo (lonxitude das cordas vocais, caixa torácica, sexo, forma de falar, etc).