Saltar navegación

PRIMEIROS PASOS

Compo... que?

Compositor
storyset. Concepto de compositor (CC BY)
Alexander Nakarada. Melodic Interlude Two (CC BY)

De seguro que todos/as vós sabedes que a persoa que se dedica profesionalmente a escribir recibe o nome de escritor/a, do mesmo xeito que nos referimos a unha persoa que pinta cadros como pintor/a, ou alguén que realiza esculturas como escultor/a. Pero o certo é que non todo o mundo repara en determinadas profesións moi importantes no ámbito musical, sen as que non existirían moitas das cancións que coñecemos hoxe en día. E... non, non estou a falar dos cantantes (que non se me enfade ninguén), hoxe quero por en valor unha figura crucial no proceso de creación musical: o compositor ou a compositora.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)