O SON DE CADA NOTA
O seguinte paso para deseñar unha fermosa melodía para a nosa composición supón unha mestura dos dous últimos, xa que deberemos ser quen de combinar as diferentes notas da escala musical cunha dirección determinada para construír a liña melódica.
Como xa miramos, cada unha das notas que compoñen a escala musical ten un son único, que o diferencia do resto e nos permite poder identificalas simplemente escoitándoas sen necesidade de usar os ollos. O son de cada unha ten que ver coa súa altura, que é a calidade que nos indica se un son é agudo ou grave.
Cada nota soa diferente, por iso cada unha das notas se sitúa nunha parte concreta do pentagrama e recibe un nome propio para distinguila das demais. Imaxinemos pois que o pentagrama é a casiña das notas; pois ben medida que subimos os pisos do pentagrama as notas serán máis agudas, e polo contrario cada vez que baixamos o son convertirase en grave.
Na seguinte imaxe podedes ollar un exemplo moi gráfico:
Tamén podemos escoitar como soa esta mesma escala facendo clic no seguinte audio: