NA PROCURA DAS ONDAS
Xa coñecemos de primeira man as direccións e a altura do son, e agora imos a realizar unha nova actividade. Desta volta escoitaremos unha nova secuencia, e empregando un programa de debuxo dixital deberemos plasmar os estímulos sonoros en forma de liña e seguindo a dirección do son, algo que se coñece como "diagrama pancromático". Para realizalo empregaremos un programa sinxelo de debuxo en aberto como por exemplo o "Tux Paint" ou o "Open Board" (ambos presentes por defecto na maqueta ABALAR).
Para iso cumpriremos as seguintes regras:
- Non podemos levantar o trazo da liña mentres escoitemos o son, a non ser que o son se corte (silencio) ou se desprace saltando.
- Se o son se fai máis agudo a liña deberá subir, e polo contrario se o son é máis grave a liña ten que baixar.
- Debemos prestar atención a duración do son, que será igual a lonxitude da liña.
- Ah! E unha última cousa... se o son permanece sen moverse pois a liña será horizontal, claro.
Semella algo difícil... pero é moi sinxelo, xa veredes! Primeiro imos a escoitar o son:
Deberemos prestar especial atención ós cambios de altura que fai o son, que crearán as curvas e a dirección da nosa liña. No seguinte vídeo podedes comprobar como se elabora o diagrama pancromático empregando a aplicación "Tux Paint". Neste caso a obra mestra quedaría da seguinte maneira: