Cacharreando

Dende logo que o son está formado por ondas... non si? No ámbito musical, cando dous sons comparten a mesma frecuencia de vibracións dicimos que están afinados. Pero... que é iso afinar?? Pois ben, afinar á un procedemento de escoita no que tentamos emparellar dous sons modificando as características dun deles para que se aproxime o máximo posíbel ao outro, que teremos como referencia. Calqueira son pode ser afinado, xa sexa un instrumento musical, a nosa propia voz ou outro elemento sonoro no que poidamos variar as súas frecuancias de vibración.
Na música establecéronse unhas referencias para cada nota que forma a escala musical, como xa coñecemos, de maneira que tódalas persoas que desexen tocar xuntas, independentemente do instrumento que empreguen, o poidan facer sen problema. Deste xeito cando toquen a mesma nota, soará exactamente o mesmo son.
Na seguinte actividade imos empregar todo o potencial das novas tecnoloxías, unha ferramenta especialmente útil para repasar a altura como calidade do son, ao mesmo tempo que pasamos un bo momento! Picade na seguinte lapela para coñecer todas as indicacións.
Táboa de frecuencias de vibración (Hz)
