A figura do/a compositor/a
Podemos definir a composición, dentro do ámbito da música, coma un proceso de creación persoal no que elaboramos unha idea musical e imos dándolle forma progresivamente. Neste proceso non existen unha regras predefinidas, xa que dependerá de moitos factores como a inspiración, o nivel de coñecementos previos de cada persoa, as preferencias ou gustos musicais ou os recursos dos que dispoñemos individualmente.
O que sí é certo son unha serie de consideracións xerais que cómpre ter en conta para coñecer mellor cal é a labor da persoa que compón unha obra musical, e que deberedes ir descubrindo na seguinte actividade interactiva.
Será verdade... ou non? Comezamos!
Retroalimentación
Falso
A verdade é que ningunha das opcións anteriores estaría de máis... pero non! En realidade para compoñer soamente fan falta ganas de intentalo e motivación, ter iniciativa creativa e gusto pola música. Iso sí, canta maior formación teñamos no eido musical máis sinxelo resultará levalo a cabo.
Retroalimentación
Falso
O compositor ou compositora dunha peza musical non ten a obriga de cantala unha vez remate o seu proceso creativo. Por norma xeral son moi poucas as persoas que compoñen e cantan as súas propias cancións, senoń que o habitual é que traballen conxuntamente con outros/as artistas encargados/as de facelo.
Retroalimentación
Falso
Pois claro que non! Todos os compositores e compositoras posúen a autoría das súas composicións e non podemos apropiarnos de nada que non sexa noso... aínda que non se decate ninguén! Estaríamos infrinxindo os dereitos de autoría e a propiedade intelectual. Porque sí, o certo é que a música se pode rexitrar e ten dono, aínda que non poidamos tocala!