Saltar navegación

SonOcolores

O código de cores

escalera de cores
Brgfx (Freepik). Escalera de colores sobre fondo blanco (CC BY)

Pois ben, a técnica dos sonocolores é relativamente sinxela, xa que soamente deberemos atribuír unha cor determinada a cada unha das notas que conforman a escala musical para poder recoñecela tan só con mirala. Amor  a primeira vista! Iso sí, é importante que primeiro lembremos cal é a orde na que aparecen esas notas para poder colocalas nos chanzos da escaleira correspondentes... e que non haxa tropezos!

Ordenamos a escaleira

Ups! De súpeto acabo de percatarme de que esquecín cal era a orde que seguen os chanzos que forman a escaleira... e xa sabedes que é moi importante saber onde pisamos para poder avanzar. Poderías axudarme a ordenalos para formar a escala musical? Para facelo, deberás picar nos depregábeis co nome das notas e colocalos na posición que lle corresponden (comezando de arriba cara abaixo).

A modo de pista, déixovos esta imaxe coa posición que ocupan as notas da escala musical no pentagrama, para refrescar un pouquiño a memoria!

Escala musical sen notas
Mapixel. Musical Play Melody Notes Scale Music Piano (Dominio público)
  • DO
  • RE
  • MI
  • FA
  • SOL
  • LA
  • SI

Imos aló!

Ben feito!

Síntoo... a resposta correcta é: DO-RE-MI-FA-SOL-LA e SI

Feito con eXeLearning (Nova ventá)