Saltar navegación

Desciframos o enigma

Descifrando a mensaxe

Mensaxe botella
Rawpixel (Freepik). Botella de mensaje (CC0)
Pyotr Ilyich Tchaikovsky. Dance Of The Sugar Plum Fairy (CC BY)

De casualidade atopamos unha botella cunha mesaxe encriptada, onde semella que faltan algunhas palabras que se borraron pola acción do mar. No seu interior contén tamén unha pequena imaxe, que emprega un misterioso código de cores. Que pode ser?

Para completar o texto cómpre ter en conta todo a aprendido ata agora sobre a escaleira das notas, e non descuidar os pequenos detalles. 

Cando esteas preparado/da, pica co punteiro na lapela ver a mensaxe e comeza a encher os ocos que atopes baleiros.  Unha vez rematado, podes premer en comprobar para mirar o número de acertos ou ben na opción de retroacción para ollar a imaxe inicial cos nomes das notas.

Código de cores
Wikimedia. Código de cores (modificado por Iván Suárez) (Dominio público)

VER A MENSAXE

A serie de todas as notas que aparecen seguindo unha orde establecida coñécese co nome de musical. Para representalas empregamos o  , que é algo así como a "casiña das notas", e está formado por unha serie de liñas e espazos onde poder colocalas. Precisamente o seu prefixo "penta", indica que está formado por liñas e catro espazos.

Todas elas reciben un nome propio, que as diferencia das demais, pero a partir de agora tamén lle imos atribuír unha cor particular de maneira que cada nota se identificará sempre con esa mesma cor. Prestade moita atención á imaxe que tedes xusto enriba e non perdades ollo!

Comezando de esquerda a dereita e de abaixo cara arriba, a primeira nota da escala musical é o   , que é a máis grave. Leva unha liña adicional xusto polo medio e a súa cor é .

A segunda nota por orde ascendente é o , que se sitúa por debaixo da primeira liña e a súa cor é .

Na primeira liña, de cor atopamos a nota , a terceira da escala.

Xusto por enriba, no primeiro espazo está o , pintado de cor .

A nota , de cor , podemos atopala na segunda liña, e chámase así porque se sitúa sempre na liña que vai na barriguiña da , que é como se coñece a ese símbolo que semella unha caracola ao comezo do pentagrama. 

No segundo espazo vai a nota , de cor , que é a última que ten a plica (o palito que lle sae da cabeza) cara arriba.

Xusto despois, se seguimos subindo chegamos ata a nota na terceira liña, que é de cor e é a derradeira das sete notas que compoñen a escala musical.

Finalmente, atopamos de novo unha nota que xa coñecíamos do principio do pentagrama, pintada da mesma cor, aínda que nesta ocasión en vez de chamarse DO GRAVE chámase DO xa que está situada moito máis arriba na escaleira.


Habilitar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova ventá)