Avaliación do nivel da nosa propia forza
Tronco, extremidades inferiores e superiores son os grupos musculares nos que podemos atopar, medir e valorar a nosa forza.
Os máis empregados para o tronco son os "abdominais" ou "sentadillas" no espazo dun minuto, para os brazos son as "flexións" ou empuxe do chan dende a posición "decúbito prono" e o lanzamento da pelota medicinal (no noso caso 3 kg); mentres que para as pernas son o salto horizontal dende unha posición estática (sen correr) ao igual que o salto vertical.
PROBAS | TRONCO | BRAZOS | PERNAS |
dinamómetro | abdominais | flexións | salto horizontal |
Aparato que serve para medir a capacidade do traballo muscular exercendo unha presión, polo que mide a capacidade de deformación ou tensión pola foza exercida. O de man e pernas son os máis empregados Outros aparatos similares son o tensiómetro e a popia mesa manual que miden a forza dinámica pola precisión das mans. |
Consiste en erguer o tronco dende a posición de costas no chan, cos xeonllos flexionados e separados en líña cos dous ombreiros ata quedar sentados. Hai distintas variantes: brazos cruzados sobre o peito, detrás da cabeza ou brazos alongados ata tocar os pés coas mans. Dependendo de cal sexa contaremos as repeticións en trinta segundos ou nun minuto. | A proba consiste en manter a posición da columna recta e o tronco aliñado, flexionando os brazos ata preto do chan ,para despois flexionalos alonxando novamente o corpo do chan. Neste test partimos cos apoios das puntas do pés e os dous brazos extendidos. Contaremos o número de veces que flexionemos e estiremos os brazos nun minuto. | A proba consiste en saltar cara adiante dende a liña marcada sen superala, mantendo a posición cos pés simétricos, as pernas flexionadas e oscilando os brazos para impulsarnos e saltar ata pisar o chan cos dous pés ao mesmo tempo (cos brazos extendidos para manter o equilibio). Midiremos a distancia dende a liña ata o lugar de contactos dos pés co chan. |
Test (isométrica do tronco) | Forza isométrica abdominal | lanzamento de balón | salto vertical |
A proba consiste en manter a posición do tronco aliñado o maior tempo posible, sen producirse un movemento corporal visible. É importante manter na mesma liña os nocellos, xeonllos, as cadeiras e os ombros sen erguelos ou baixalos. A proba remata cando nos se poda manter a posición por máis tempo. |
A proba consiste en manter a posición do tronco aliñado o maior tempo posible, sen producirse un movemento corporal visible. Nesta ocasión soamente cos apoios das puntas do pés e dos antebrazos. Igualmente a proba remata cando non se poda manter a posición por máis tempo. |
A proba consiste en lanzar unha pelota medicinal (3 Kg) cara adiante, dende detrás da cabeza coas dúas mans, coa maior forza posible dende unha liña marcada na posición de xeonllos. Midiremos a distancia dende a liña ao lugar onde cae o balón medicinal no chan e que non superemos a liña inicial. |
A proba consiste en saltar cara arriba dende unha posición estática previa cun brazo estirado (que nos indicará a medida de partida) para impulsarnos e tocar cunha man a parede ,no punto máis alto posible (medida de chegada) calculando a diferencia en centímetros entre elas. Dous intentos serán suficiente. |