Precoñecemento
As capacidades físicas básicas son a resistencia, a velocidade, a forza e a flexibilidade. Son as capacidades básicas internas de calquera persoa para realizar calquera actividade física ou deportiva e que melloran no seu adestramento coa práctica de exercicios e movementos específicos.
MatthiasKabel "relevo grego do pentatlón 500 aC.jpg" en wikimedia.org CC BY-SA 3.0 |
As primeiras actividades relacionadas coa ximnasia proceden da China cun tipo de exercicio similar ao Kung-fu e de Exipto con actividades ximnásticas con fins recreativos (cara ao ano 2600 a.C). En todas as culturas posteriores (helénica, romana, medieval, renacentista e moderna) a ximnasia foi unha actividade considerada, pero non será ata o século XVIII onde realmente comeza a desenvolverse como deporte e método para un desenvolvemento integral da persoa.
Imaxes visibles en https://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Gymnastics.Licenza de Dominio Público.