Saltar navegación

Isotónica ou dinámica

Caracterízase pola existencia de movemento mentres executamos o exercicio e prodúcese sempre un cambio na lonxitude do músculo. Cando este cambio é de acurtamento falamos de contracción concéntrica; e cando é de alongamento falamos de contracción excéntrica. Este tipo de contracción é a máis empregada tanto na nosa vida cotiá como na deportiva. E cando estes movementos realízanse cunha velocidade angular constante e lenta, falamos de contracción isocenética.

Os exemplos máis comúns son a contracción do biceps e alongación do triceps para aproximar o antebrazo ao brazo para vencer unnha carga ou peso mantida na man; e a dos exercicios de abdominais no caso da contracción isocenética, onde podemos seguir os movementos involucrados dos músculos e articulacións dun xeito secuenciado. flexión de antebrazo sobre brazo

 Tamén falamos de contracción auxotónica cando prodúcense simultaneamente unha contracción isotónica e outra isométrica. Un dos exemplo máis claros é a extensión dunha cinta elástica dende o peito: durante a extensión da cinta predomina a contracción isotónica e ao final (coa cinta totalmente extendida) a contracción isométrica.