As articulacións son as zonas onde se unen uns ósos con outros. Existen tres tipos: móbiles (xeonllo, ,pulso, cadeira e o ombro), semimóbiles como as vértebras entre sí e as fixas como as do cranio sen movemento. Nas articulacións móbiles e semimóbiles o conxunto de ligamentos, músculos e tendóns permiten os movementos de cada unha delas. |
|
Suso Lojo. "articulacións.png" de modificando a imaxe de Pilar Rodríguez Pérez |
|
Durante o crecemento (especialmente ata os 18 anos) a actividade física xoga un papel importante na formación ósea e do reforzamento muscular con efectos beneficiosos especialmente sobre a forza e a resistencia, ademáis de achegar maior consistencia aos ligamentos e tendóns. Por todo isto coñecer os principais músculos e as súas funcións específicas é fudamental para compender o proceso das contraccións musculares e poder deseñar entrenamentos cos diferentes exercicios e actividades para aumentar a nosa forza, resistencia e velocidade mellorando as habilidades, destrezas e a coordinación xeral dos movementos.Explora na imaxe os músculos agonistas e as súas funcións e olla e escoita o seguinte video para comprender mellor o seu funcionamento.
Facultad de Ciencias Médicas."FISIOLOGÍA:Tipos de músculos y Contracción muscular 3".YouTube. CC-BY. |
CONTRACCIÓNS MUSCULARES
TAREFA:
- Duración:
- +/-20 minutos
- Agrupamento:
- grupo máximo de catro
Coa axuda do teu navegador e das túas compañeiras e compañeiros procurade un modelo humano do sistema muscular posterior para relacionar correctamente os músculos coas súas funcións específicas. Podedes debuxalo ou empegar a imaxe do sistema muscular anterior e posterior seleccionada para reproducila, indicando os músculos e a súas funcións ao igual que na imaxe vista anteriormente do sistema muscular anterior.
Nivel 1: reproducir a imaxe nun papel e indica os nomes dos músculos e as súas funcións.
Nivel 2: reproducir a imaxe na web (aula virtual ) coas ferramentas dispoñibles.
Nivel 3: reproducir máis músculos e funcións dos indicados (agonistas e antagonistas).
AVALIACIÓN: podes realizar unha "autoavaliación" e ollar a rúbrica de referencia para avaliar a tarefa.
AXUDA: PODEDES REALIZAR A SEGUINTE ESCOLLA E OLLAR AS RESPOSTAS...
Actividade despregable
Elixe para completar ben as funcións específicas dos seguintes músculos:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0