Actividade de lectura
A CAPACIDADE FÍSICA DA FORZA |
A forza é a capacidade neuromuscular que permítenos vencer unha resistencia ou opoñerse a ela fundamentalmente por medio da tensión intramuscular xerada de xeito estático ou dinámico. É unha capacidade que evoluciona e varia naturalmente coa idade e que podemos aumentala considerablemente co seu entrenamento específico ou coa práctica de exercicios e de actividades deportivas que a exercitan en maior ou menor medida. |
- Como sabedes, exercicios cotiáns como subir e baixar escaleiras, cargar coas mochilas ou facer outras tarefas cotiás, son os exemplos de exercicios que requiren o emprego da forza e da resistencia muscular, ao igual que cando realizamos actividades deportivas ou laborais.
- Os músculos contraense producindo a enerxÍa necesaria para soportar resistencias ou cargas, para desprazalas ou opoñerse a elas dun xeito explosivo, máximo ou repetitivo, sexa estáticamente ou en movemento. A súa exercitación específica na Educación Física implicarán distintos tipos de exercicios de manter unha posición, resistir ou vencer unha carga ou oposición e realizar movementos, saltos e lanzamentos.
Fotografía dunha alumna exercitando a forza na clase de Educación Física.Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0