Saltar navegación

ADESTRAMENTO

rusos

Xa somos conscientes de que exercitamos a forza de xeito cotiá e que tamén está presente na clase de Educación Física, en maior ou menor medida, cando exercitamos as outras capacidades físicas da flexiblidade, da velocidade e da resistencia. Agora imos estudar cáles son os métodos específicos para traballala, cómo exercitala, cómo comprobar a que temos e como  valorar a nosa posible progresión. Falaremos de métodos de traballo xeral para refirirnos ao traballo con autocargas, por parellas, con elementos e obxectos ximnásticos, con saltos, lanzamentos ou arrastres; e de métodos específicos cando nos refirimos a exercicios e circuitos que implican un ritmo lento, moderado ou rápido con cargas ou oposicións baixas, medianas e altas.

A continuación vemos os métodos, os exercicios específicos e as probas máis empregadas no entrenamento, para depois deseñar, realizar e valorar a nosa propia táboa de entrenamento estruturado con exercicios, series  e circuitos.