Beneficios da forza
1.- Evita posibles lesións, escordaduras, estiramentos e roturas mentres facemos un exercicio, unha actividade física ou practicamos unha modalidade deportiva.
2.- A fibras dos músculos fanse máis fortes xunto cos tendóns, soportando maior carga e tensión nos esforzos aos que os sometemos na vida diaría e nas actividades físicas.
3.- Facilita a mellora na nosa postura corporal, xa que aumenta o equilibrio de tódolos eixos permitindo un aliñamento corporal correcto, e a mellora da propia percepción estética da nosa imaxe coporal pemitíndonos estar máis cómodos e cómodas co noso propio corpo, aumentando a nosa autoestima.
4.- Mingua a tensión muscular mellorando en xeral a relaxación corporal.
5.- Activa a circulación sanguínea.
6.- Mellora a coordinación muscular.
7.- Incrementa as demais capacidades físicas como a velocidade e a resistencia.
8.- Reforza o coñecemento do propio corpo.
9.- Permite conservar o estado de forma xeral e reforza a propia saúde.
10.Mellora o rendemento físico xeral xa que permite realizar movementos máis amplos requirindo menos enerxía.
A súa práctica comporta:
a) Exercicios de estiramento preparatorios para a actividade física principal ou estiramentos específicos anterior a unha modalidad deportiva concreta.
b) Exercicios de estiramento posteriores á actividade física ou deportiva, como método de recuperación dos músculos,tendóns.
c) Exercicios específicos mediante técnicas activas e pasivas dende unha posición estática ou execicios dinámicos con autocargas e sobrecagas, mediante series e repeticións.
Fotografías dunha alumna exercitando a farza nunha sesión de Educación Física .Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0