BIOLÓXICOS(ANATÓMICOS)
A propia estructura das fibras dos músculos, o sistema enerxético e neuromuscular, así como a propia resposta hormonal varía nalgún aspecto dunha persoa a outra, polo que a capacidade da forza e a súa evolución tamén dependen do nosas características biolóxicas.
A IDADE.
Tras pasar a pubertade(normalmente entre os 14 e 16 anos) hai un aumento da forza como consecuencia do desenvolvemento anatómico(alongamento e aumento dos ósos e dos músculos) e a da considerable mellora da coordinación. Este proceso de consolidación anatómica remata na maioria dos casos aos 20 anos incrementando a forza ata os 25.
O SEXO.
Polo xeral ata os 12-14 anos nos existen diferencias significativas entre homes e mulleres(aínda que o aumento da forza aparece antes nelas). A partir distas idades o aumento dos niveis de testosterona e a aparición da hipertrofia muscular masculina marcan distancias a favor dos rapaces.
O PROPIO TAMAÑO E LONXITUDE DO MÚSCULO.
A maior volumen de músculo maior capacidade de xerar forza. Pola contra se o músculo estirase ata un 20% con respecto á súa posición de repouso, prodúcese a máxima tensión e por tanto forza e se supera esta porcentaxe a capacidade de producila mingua.