Saltar navegación

6. Glosario

C

  • Coeficiente de rozamento

Relación entre a forza de rozamento e a forza normal coa que se apertan os dous corpos que rozan. Non ten unidades. = Froz / N

D

  • Derivada

Magnitude derivada é a que depende doutras magnitudes fundamentais.

  • Dinamómetro

Aparello capaz de medir forzas. Baséase normalmente na deformación dun corpo elástico, como a dun resorte.

F

  • Forza

Calquera acción que pode deformar un corpo ou cambiar o seu vector velocidade. Mídese en newtons.

G

  • Granito

Rocha habitual en Galicia composta de seixo, feldespato e mica.

M

  • Módulo

Nun vector o módulo é o seu valor numérico.

  • Magnetita

Mineral constituído por un óxido de ferro de fórmula Fe3O4 que debe o seu nome a cidade grega de Magnesia.

P

  • Paralelogramo (método)

Método para sumar dous vectores graficamente. Xúntanse as orixes dos dous vectores a sumar e trázanse paralelas a eles.

  • Polígono (método)

Método para sumar varios vectores.

T

  • Teleférico

Sistema de transporte formado por cabinas penduradas de cables metálicos.

  • Traxectoria

Liña seguida por un móbil no seu desprazamento. A traxectoria pode ser rectilínea ou curvilínea.

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0