1.3 Obxectivos didácticos
-
Analizar algúns dos efectos que poden ocasionar sobre os corpos as forzas que actúan sobre eles.
-
Identificar a existencia de forzas en situacións e obxectos do contorno habitual.
-
Aceptar o carácter vectorial das forzas como un feito experimental.
-
Sumar correctamente forzas (vectores) de distinta dirección, calculando analiticamente o módulo do resultado en caso de seren perpendiculares.
-
Sinalar as características máis importantes das forzas máis frecuentes: peso, normal, rozamento, forzas elásticas, eléctricas e magnéticas.
-
Observar e clasificar os elementos que compoñen estruturas próximas (edificios, portas, teitos, guindastres, valados, armazóns, material deportivo, etc.).
-
Analizar os esforzos aos que están sometidos os elementos das estruturas e predicir os efectos que poden provocar neles.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0