Saltar navegación

2.2 Estruturas

Unha estrutura é un conxunto de elementos que poden soportar cargas e pesos sen romper e sen case deformarse. O noso contorno está cheo de estruturas, algunhas naturais (esqueletos dos seres vivos, árbores, cunchas…) e outras artificiais (edificios, pontes, acuedutos, guindastres, cadeiras, antenas, bicicletas…).

 cunchas  esqueletos dos seres vivos  árbores  ponte

As estruturas serven para moitos propósitos: soportar pesos (piares, trabes…), salvar distancias (pontes, guindastres, teleféricos…), protexer obxectos (embalaxes) ou dar rixidez a outros elementos. Unha estrutura debe ser resistente, ríxida e estable: resistente para soportar as cargas sen romper, ríxida para o facer sen deformarse apreciablemente e estable para se manter en equilibrio.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0