2.2.1 Elementos das estruturas
Piares e columnas
Son estruturas verticais coa función de soportaren cargas ou o peso doutras partes da estrutura global. Poden ser de materiais diversos: madeira, formigón, aceiro, pedra, ladrillos, etc. Os piares adoitan ter forma xeométrica regular cadrada ou rectangular, e as columnas son de sección circular.
Trabes ou vigas e viguetas
-
Son pezas horizontais.
Forman parte dos forxados nas construcións.

Arcos
-
Son elementos moi utilizados ao longo da historia para soportar cargas e transmitilas cara aos elementos que soportan a estrutura (muros, piares…)



Tirantes
-
Son cables que unen dous puntos distantes dunha estrutura e que están sometidos a esforzos de tracción (veremos isto máis adiante).

Cimentos ou alicerces
Son os encargados de soportar e repartir no chan o peso da estrutura. Normalmente son de formigón, ferro ou aceiro.
Forxado
É a estrutura horizontal ou algo inclinada formada por trabes, viguetas, bovedillas e formigón, que serve de chan e teito.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0