Saltar navegación

2.1.2 Medida e unidades das forzas

Podemos medir as forzas cun aparello chamado dinamómetro. Ten un resorte no seu interior de xeito que canta máis forza fai máis se alonga.

 dinamómetro dinamómetros 

No Sistema Internacional a unidade de forza é o newton (símbolo N). Na unidade didáctica seguinte veremos a que equivale un newton.

Outra unidade de forza (non é do Sistema Internacional) é o quilopondio (kp), cada vez menos usada. A equivalencia entre newtons e quilopondios é 1 kp = 9,8 N.

 

Actividade proposta

S1. Responda as seguites cuestións

a) Pase 100 N a quilopondios.

b) Converta 25 kp en newtons.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0