2.2.3 Triangulación de estruturas
Experiencia práctica
-
-
Con pezas tipo mecano constrúa un triángulo, un cadrado, un pentágono e un hexágono, sen apertar demasiado os parafusos. Probe logo a intentar deformar cada unha das pezas.
- Que observa?

-
Xa ve que a única estrutura que non se deforma cando se lle fai forza é o triángulo. Esta é a razón pola que se utiliza a triangulación para construír estruturas ríxidas. As estruturas trianguladas, tanto planas como espaciais (tetraedros) empréganse sobre todo na construción de estruturas metálicas como guindastres, naves industriais, postes de alta tensión, cubertas de edificios, etc. Actualmente estanse a utilizar tamén outro tipo de estruturas.
Actividade proposta
S17. As estruturas articuladas da figura seguinte non son ríxidas. Determine o número mínimo de elementos que ten que engadir a cada unha para facelas indeformables, e o lugar onde debe colocalos:
![]() |
|
![]() |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0



