Saltar navegación

3. Resumo de contidos

  • Forza. Unha forza pode deformar un corpo ou ben cambiar algo no seu vector velocidade: cambiar a dirección do movemento (facendo a traxectoria curvilínea), cambiar o módulo (acelerar ou frear), ou cambiar o sentido do movemento (como nos rebotes). As forzas mídense en newtons no Sistema Internacional de unidades.
  • A forza é unha magnitude vectorial. Non se suman como os números; aprenda as técnicas descritas na unidade para sumar vectores (métodos do paralelogramo e do polígono), e o cálculo do vector resultante no caso de seren perpendiculares (co teorema de Pitágoras).
  • Forzas no contorno. As que máis frecuentemente atopamos son:

–      Peso. É a forza coa que o noso planeta atrae cara ao seu centro (“cara a abaixo”) todos os corpos. O peso calcúlase así: peso = m.g

–      Normal. É a forza coa que dous corpos en contacto se apertan mutuamente. As forzas normais son perpendiculares ás superficies dos corpos na zona de contacto.

–      Tensión. É a forza que hai nun fío tenso, é dicir, que está sometido a tracción.

–      Forzas eléctricas. As cargas eléctricas de igual signo (++ ou --) repélense, as de distinto signo (+ -) atráense. A forza calcúlase coa lei de Coulomb: .

–      Forzas magnéticas. Son producidas polos imáns ou as correntes eléctricas (cargas en movemento).

–     Forzas elásticas. Os corpos ríxidos fan forza para intentar recuperar a súa forma orixinal. Esta forza é a forza elástica, e é proporcional á deformación sufrida polo corpo; canto maior é a deformación maior é forza que fai o sólido.

–      Rozamento. Cando un corpo se move en contacto con outro hai rozamento entre eles, o que dificulta o movemento relativo. Froz = m . N

  • Elementos das estruturas.

–      Piares e columnas. Soportan esforzos de compresión.

–      Trabes ou vigas. Están sometidos a esforzos de flexión e cisalla.

–      Arcos. Transmiten as cargas cara aos muros e os piares da estrutura. Soportan esforzos de compresión.

–      Tirantes. Son fíos que soportan tensións ou esforzos de tracción.

–      Alicerces. Reparten no chan o peso da estrutura.

  • Triangulación. O triángulo é a única estrutura que non se deforma; a triangulación permite construír estruturas suficientemente ríxidas.

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0