2.1.5.a Actividades propostas
Actividades resoltas
Calcule o seu peso en newtons. Se non sabe a súa masa, calcule o peso dunha persoa de 60 kg.
Realice os seguintes cálculos:
a) Calcule as forzas coas que se atraen unha carga de 1,5 C e unha de 0,2 C que están separadas 1 km de distancia (entre elas hai aire).
b) Calcule a distancia a que teñen que estar dúas cargas de 5 mC para que se repelan cunha forza de 1 N no baleiro.
Do resultado das actividades anteriores dedúcese que unha carga de 1 C é moi grande; as forzas eléctricas diminúen rápido ao aumentar a distancia entre cargas.
O armario do debuxo ten unha masa de 90 kg, e o coeficiente de rozamento entre as patas e o chan é de 0,26.
-

-
a) Calcule o peso do armario.
-
b) Ache o valor da forza normal entre as patas e o chan.
-
c) Calcule o valor da forza de rozamento.
-
d) Con canta forza teremos que empurrar nós o armario se queremos que empece a moverse?
-
e) Se baleiramos o armario de roupa e outras cousas, a súa masa descende ata 70 kg. Canto valerá agora a forza de rozamento?
-
a) peso do armario = m. g = 90 Kg . 9,8 m/s2 = 882 N
b) A forza normal ten que igualar ao peso; a normal vale entón 882 N
c) A forza de rozamento é F= µ . N = 0,26 . 882 N = 229,32 N
d) Para que o armario comece a se mover temos que empurralo cunha forza igual o maior que a forza de rozamento, e dicir, 229 N.
e) Peso do armario baleiro = m .g = 70 kg . 9,8 m/s2 = 686 N; a forza de rozamento é entón F = µ . N = 0,26 . 686 N = 178,36 N
Cando arrastramos unha lavadora de 60 kg observamos que para que empece a moverse temos que empurrala cunha forza de 490 N, e para que siga en movemento sen parar temos que empurrala cunha forza de 410 N.
a) Canto valen as forzas de rozamento estática e dinámica?
b) Canto valen os coeficientes de rozamento estático e cinético?
c) Se cargamos a lavadora con 6 kg de roupa e queremos movela, con canta forza teremos que
empurrala?
-
a) A forza de rozamento estática é igual á forza necesaria para empezar a moverse, daquela vale 490 N. E a forza de rozamento dinámica é igual á forza que hai que facer para que a lavadora siga en movemento: 410 N.
b)


c)

Observe que neste exercicio o peso da lavadora é igual á forza normal coa que o chan a empurra cara a arriba.
Actividades propostas
S5. Na Lúa a gravidade vale 1,6 m/s2 aproximadamente. Canto pesaría vostede na superficie lunar?
S6. Faga un debuxo da Terra e debuxe o vector peso para un corpo que estea no Polo Sur. Os corpos alí caen cara a arriba? Explíqueo.
S7. Que pesa máis, un quilo de palla ou un quilo de chumbo? Terá oído algunha vez esta preguntiña. A resposta dos listos é pesan o mesmo, pero realmente é así? Depende do lugar en que estean a palla e o chumbo?
S8. Estando de pé, canto valen as forzas normais entre os seus zapatos e o chan?
S9. Un bloque de pedra está en repouso enriba dunha costa. Razoe se neste caso o peso da pedra e a normal entre ela e a costa valen o mesmo. Teña en conta a dirección e o sentido de cada unha desas forzas.
S10. Un corpo de 4 kg está pendurado dun resorte. O conxunto está en repouso.
-

-
Debuxe as forzas que actúan sobre o corpo.
-
Calcule o peso do corpo.
-
Calcule canta forza está a facer o resorte sobre o corpo.
-
S11. Un camión remolca un coche cunha corda.
|
Debuxe as forzas: Que actúan sobre o camión. Que actúan sobre o coche. Que actúan sobre a corda. |
![]() |
S12. Entre na páxina web que se indica e observe como vai aumentando a forza que exerce un resorte cando se estira.
![]() |
S13. Dous corpos están unidos mediante un resorte comprimido. Debuxe as forzas que o resorte lle fai a cada un dos corpos:
| |
S14. Debuxe as forzas eléctricas que se exercen os dous corpos cargados da figura:
![]() |
Actividade de internet
Consulte as páxinas web que se indican, onde poderá repasar e aprender máis sobre o rozamento.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0




