Saltar navegación

1.1 Descrición da unidade didáctica

Probablemente a existencia das forzas sexa un dos conceptos físicos máis doadamente percibidos por todas as persoas, mesmo dun xeito intuitivo. Cos nosos músculos facemos forza sobre os obxectos; coas ferramentas modificamos estas forzas; os piares dun edificio ou os tirantes dunha ponte fan forza para soportar o peso da construción; os imáns atráense e repélense, etc. As forzas están no noso contorno por todas as partes.

Na primeira parte da unidade describiremos os efectos que as forzas poden causar nos corpos, o seu carácter vectorial e os procedementos para sumar forzas. Veremos deseguido as forzas máis salientables no noso contorno habitual: peso, normal, rozamentos, forzas eléctricas, magnéticas, elásticas…

Na segunda parte da unidade analizaremos os elementos básicos das estruturas máis frecuentes que atopamos (edificios, aparellos, pontes…) así como os esforzos aos que están sometidos.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0