4. Actividades complementarias
Forzas
S18. Calcule a suma das forzas da figura, (pensa antes e non te apures a ver a solución):
S19. Remolcamos un coche tirando del con dúas cordas que forman ángulo recto entre si. Unha das forzas é de 150 N e a outra é de 200 N. Cal é a forza neta total que tira do coche?
S20. Calcule o peso dun corpo de 100 kg na Lúa se na Terra pesa 100 N. Datos: g na Terra: 9,8 m/s2 ; g na Lúa: 1,67 m/s2.
S21. Debuxe en forma de vectores as forzas que actúan sobre o corpo vermello, que está apertado contra unha parede vertical.
![]() |
S22. Razoe se son certas ou falsas estas afirmacións:
S23. Se non houbese rozamento entre os pneumáticos e o pavimento da estrada, podería avanzar un coche? Depende a resposta da potencia do motor?
S24. O coeficiente de rozamento entre unha mesa e o chan horizontal é de 0,45. Se a mesa ten 30 kg, que forza horizontal cómpre facer sobre ela para que se mova?
S25. Temos dúas forzas de 60 N e de 80 N que forman entre si 60º. Debuxe o vector forza resultante e calcule o seu módulo.
S26. Dous grupos de nenos tiran da mesma corda en sentidos contrarios. Un grupo de alumnos fai unha forza de 290 N, e o outro grupo fai outra de 310 N. Cal é a forza total que move a corda?
S27. Sobre unha caixa de froita exercemos as forzas que amosa a figura, ademais do peso da caixa (37 N). Supoña que non hai rozamento contra o chan.
- Calcule o valor, dirección e o sentido da forza total resultante sobre a caixa.
- Moverase a caixa ou non?
Estruturas
S28. Coloque unha folla de cartolina enriba de dous libros separados entre si.
| |
|
![]() |
|
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0


