Forzas e estruturas
2.1 Que é unha forza?
Os libros de ciencias moitas veces poñen que unha forza é o resultado da interacción entre dous corpos. É certo, por suposto, pero pode non aclararnos moito. Así que máis que preocuparnos en saber o que é unha forza, imos mellor describir os efectos que as forzas poden causar cando actúan sobre os corpos.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0