5.Exercicios de autoavaliación

Autoavaliación

1. A que se chama regueifa?

A un subxénero narrativo.

A unha disputa en forma de copla improvisada entre dúas persoas.

A un subxénero dramático.

A unha disputa entre dous oradores que defenden a súa postura.


2. Que temas aborda a regueifa?

Variados, e sempre con retranca e bo humor.

Case sempre sobre política local.

Temas poéticos.

Sobre o problema lingüístico.


3. Que pasos debemos seguir para lograr facer unha exposición oral planificada?

Localizar o tema, buscar fontes fiables, analizar e resumir a información, comparar as informacións, extraer conclusións, elaborar un guión e expor oralmente o tema.

Localizar o tema, analizar e resumir a información, comparar as informacións, extraer conclusións, elaborar un guión e proceder á exposición oral do tema.

Localizar o tema, buscar fontes fiables, analizar e resumir a información, comparar as informacións, elaborar un guión e expor oralmente o tema.

Localizar o tema, buscar fontes fiables, comparar as informacións, extraer conclusións, elaborar un guión e finalmente expor oralmente o tema.


4. Que é argumentar?

É o mesmo que narrar.

Consiste en achegar razóns para atacar a alguén.

Consiste en achegar razóns para defender unha opinión.

É o contrario da descrición.


5. Cales son os elementos da argumentación?

A tese, a antítese e a síntese.

As conclusións e as ideas.

A tese e o corpo da argumentación.

A tese, o corpo da argumentación e as conclusión.


6. Cales son dúas das técnicas para elaborar un texto argumentativo?

Presentar cunha linguaxe o máis coidada posible o que queiramos expor.

Presentar con sinxeleza e claridade o que queiramos expor e definir previamente o significado das principais palabras coas que expresamos a nosa opinión.

Definir posteriormente o significado das principais palabras coas que expresamos a nosa opinión.

Presentar cunha linguaxe culta o que queiramos expor.


7. Que tipos de argumentos hai para defender a nosa opinión?

A experiencia persoal; o argumento de autoridade, de universalidade e o de singularidade.

A experiencia persoal; o argumento de autoridade, de universalidade, de singularidade, de semellanza, por xeneralización, baseado na persoa en vez das súas razóns; argumentos baseados nas consecuencias dun feito.

Depende do tipo de texto que teñamos diante.

Depende a quen vaia dirixido o texto que teñamos diante.


8. Para que tipo de textos son útiles os conectadores de orde, explicativos e de contraste?

Para os textos argumentativos.

Para os textos teatrais.

Para os textos poéticos.

Non son especialmente útiles para ningún tipo de texto.


9. Que pasos podemos obviar se redactamos un texto escrito de carácter persoal?

Non podemos obviar ningún paso.

 

Busca de fontes fiables e análise e resumo da información.

 

Busca de fontes fiables, análise e resumo da información, comparar as informacións e extraer conclusións.

Os que nós queiramos.


10. Que son os adverbios?

Son palabras variables; é dicir, que non teñen xénero, número nin persoa.

Son palabras invariables, isto quere dicir que non teñen xénero.

Son palabras invariables, isto quere dicir que non teñen xénero, número nin persoa.

Son palabras invariables, isto quere dicir que non teñen número nin persoa.


11. Que modifican os adverbios?

Adxectivos, substantivos e verbos.

Verbos.

Verbos, adxectivos e adverbios.

Todas as clases de palabras.


12. Que son as preposicións?

Un grupo de palabras invariables que teñen como función servir de enlace.

Un grupo de palabras variables que teñen como función servir de enlace.

Un grupo de palabras invariables coa función de servir de núcleo silábico.

Un grupo de palabras invariables que só existen en galego


13. Con que clases de palabras contraen as preposicións a, con, de, en e por en galego?

Cos substantivos e adxectivos, entre outros.

Cos adverbios.

Con outras preposicións.

Cos artigos determinados.


14. Para que serven as conxuncións?

Para unir o suxeito con predicado.

Para unir oracións e proposicións.

Para modificar aos adverbios.

Para cualificar ao substantivo.


15. As conxuncións coordinantes...

Unen elementos de función idéntica ou coordinan proposicións.

Subordinan unha proposición a outra.

Utilízanse en contadas ocasións.

Unen unha palabra co seu complemento.


16. As conxuncións subordinantes...

Unen elementos de función idéntica nunha oración.

Subordinan unha proposición a outra.

Serven de enlace entre un substantivo e un verbo.

Só se utilizan en castelán.


17. Cales son algúns dos xéneros xornalísticos máis importantes?

Noticia, reportaxe, crónica, editorial, e artigo.

Noticia, reportaxe, crónica, artigo e entrevista.

Noticia, crónica, editorial, artigo e entrevista.

Noticia, reportaxe, crónica, editorial, artigo e entrevista.


18. Quen asina o editorial?

Os redactores dun xornal.

O director do xornal.

O editorial non leva sinatura.

Depende de quen o escriba.


19. Principais subxéneros narrativos:

Conto, novela e elexía.

Conto, novela e novela curta.

Conto e novela curta.

Conto, novela e sainete.


 20. Principais subxéneros líricos:

Oda e himno, poesía bucólica, elexía e sátira.

Poesía bucólica, elexía, sátira e copla.

Oda e himno, poesía bucólica, elexía, sátira e copla.

Oda e himno, poesía bucólica e elexía.


21. Principais subxéneros dramáticos:

Traxedia, comedia e elexía.

Poesía bucólica, elexía, sátira e copla.

Traxedia, comedia e farsa.

Conto e novela curta.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License