2.10 A traxedia de Macbeth
Actividade de lectura
|
Escena I Un ermo. Tronos e lóstregos. Entran TRES BRUXAS A primeira das bruxas ¿Cándo imos todas tres ter outra reunión, No lóstrego, no trono ou no trebón? A segunda Cando a liorta estea rematada Cando estea a batalla perdida e gañada. A terceira Iso ha ser antes do solpor. A primeira ¿E en que lugar? A segunda Sobre o Ermo. A terceira Alí atoparemos o Macbeth. A primeira ¡Vou deseguida, Micho! A segunda ¡O Sapo chámanos!
|
A terceira ¡Imos xa! As tres xuntas ¡O bo é noxento e o noxento é bo; pairemos entre a néboa e o sucio ar! [...] Duncan ¿E non desacougou iso aos nosos capitáns, o Macbeth e o Banquo? Oficial ¡Ai, iso si!... Como o pardal ás águias ou a lebre ao león. Hei decirvos que foron como canóns que levan dobre carga e dobremente tumban no enemigo. Non sei se quererían bañarse nas feridas fumeantes ou facer outro Gólgota... Pero estame indo mal, e estas coiteladas berran pedindo axuda. [...] |
Actividades propostas
S16. Os textos 2.8 e 2.10 son exemplos de dous subxéneros literarios que acabamos de ver. Lea os textos e realice as seguintes cuestións:
-
O ladrón de palabras. Trate de dicir a que subxénero narrativo pertence este texto. Razoe a resposta.
-
A traxedia de Macbeth. A que xénero e subxénero pertence? Razoe a resposta.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License