2.6 Normas ortográficas: o uso do r /rr . O grupo nh (aspectos teóricos)

  • Escríbese sempre r:

    • En posición inicial de palabra (rato, Ramón, recuar, rito).

    • En posición final de sílaba (altar, mercar, dicir).

    • Cando vai despois doutra consoante (outro, tres, xenro, honra).

  • En posición intervocálica:

    • Escríbese r cando representa o son suave (vibrante simple): caro, fero,lira.

    • Escríbese rr cando representa o son forte (r vibrante múltiple):carro, ferro, terra.

  • Cando a unha palabra que comeza por r se lle antepón outra palabra ou un prefixo rematados en vogal, non separados dela por guión, hai que duplicar a consoante: rítmico /monorrítmico, rogativa / prerrogativa, redor / arredor, rei / vicerrei, románico / iberorrománico.

O grupo nh

O dígrafo nh representa a consoante nasal velar en posición interior antevocálica: unha, algunha, ningunha. Este son non existía en posición intervocálica en latín nin na lingua medieval; por iso carece de representación antiga. Debe ter en conta que este grupo non debe separarse cando vai en posición final de liña.

Actividades propostas

S8. Complete con r ou rr:

adio rr eceptor

ga da oupa

anglo- uso

g eco omana

banca ota

a ebatado

co upción

Hen ique

Is ael

en evesado

éplica

contra éplica

 

esultou

i ompible

 



Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License