Os procesos electorais: 1º ESO. ODE 02
Imos votar! Participando nos procesos democráticos. Unha serie de 8 ODE dirixidas aos catro niveis da ESO, son oito “espazos web” distribuídos por diferentes cursos.
Os recursos incluídos en cada “espazo” xiran arredor do sistema electoral e da tipoloxía textual; de tal xeito que o seu tratamento conxunto permite abordar un tema que pertence ao ámbito da participación do estudantado na sociedade, a través dos tipos de textos que traten esa temática (xornalísticos, expositivos, argumentativos, publicitarios... ) e cuxo estudo é obrigatorio. en diferentes cursos da ESO da materia de Lingua Galega e Literatura.
O recurso tamén está pensado para a realización dun proxecto.