Os procesos electorais: aspectos comúns a tódolos ODE. ODE 01
Imos votar! Participando nos procesos democráticos. Unha serie de 8 ODEs dirixidos ós catro niveis da ESO.Trátase de oito “espazos web” distribuídos para distintos cursos.
Os recursos incluídos en cada “espazo” xiran en torno ó sistema electoral e á tipoloxía textual; de xeito que o seu tratamento conxunto permite abordar unha temática que pertence á esfera da realidade da participación do alumnado na sociedade, a través dos tipos de textos que tratan ese tema (xornalísticos, expositivos, argumentativos, publicitarios…) e cuxo estudo é prescritivo nos distintos cursos da ESO para a materia de Lingua galega e Literatura.
O recurso vai, así mesmo, encamiñado á realización dun proxecto.