Le chemin de Saint-Jacques de Compostelle. Limoges: Les Halles
Materia: Francés
Descrición: Contido interactivo que incorpora escenarios de scape room nos que o alumnado terá que superar retos nos distintos postos que forman parte do Mercado de abastos da cidade de Limoges (Les Halles) para conseguir premios que intercambiar por un artigo de recordo na tenda de souvenirs.
Cunha gran variedade de exercicios diversos, o alumnado poderá aprender e practicar vocabulario e expresións referentes á vaixela e á porcelana, aos queixos típicos, á panadaría e pastelaría e ás cooperativas de alimentos ecolóxicos, ao tempo que coñece a cultura francesa.
Tipo de recursos:
- Actividades interactivas e creador de avatares.
- Escenarios interactivos.
Número de sesións estimadas: Segundo criterio docente e nivel do alumnado.
Aclaracións:
- A iniciativa "Le chemin de Saint-Jacques de Compostelle" consta de 3 contidos secuenciais (paradas) e un diario de viaxe complementario:
1. Vézelay: Buffet
2. Limoges: Les Halles
3. Perigueux: Boutique
*. Carnet de Voyage
- Aínda que a iniciativa está deseñada de xeito secuencial, os contidos tamén poden traballarse de forma illada (excepto o diario de viaxe).
Outras características:
- Actividades con audios integrados.
Contidos relacionados: