Le chemin de Saint-Jacques de Compostelle. Carnet de Voyage
Materia: Francés
Descrición: Contido interactivo que permite ao alumnado crear o seu propio diario de viaxe rexistrando as súas experiencias nas distintas paradas da iniciativa Le chemin de Saint-Jacques de Compostelle. A narrativa do Camiño de Santiago francés e a creación dinámica do diario, que recolle as preferencias de cada persoa no seu deseño (cor, fotografías etc.), motivan ao alumnado a anotar un breve resumo de cada contido e unha lista de conceptos ou expresións aprendidas, contribuíndo así á asimilación do coñecemento adquirido e a súa expresión escrita.
Tipo de recursos:
- Actividades de escritura.
- Creador de avatares e dun diario de viaxe personalizado.
Número de sesións estimadas: Segundo criterio docente e nivel do alumnado. Recoméndase dedicarlle parte dunha sesión cada vez que se remate un dos outros contidos da iniciativa.
Aclaracións:
- A iniciativa "Le chemin de Saint-Jacques de Compostelle" consta de 3 contidos secuenciais (paradas) e un diario de viaxe complementario:
1. Vézelay: Buffet
2. Limoges: Les Halles
3. Perigueux: Boutique
*. Carnet de Voyage
- Aínda que a iniciativa está deseñada de xeito secuencial, os contidos tamén poden traballarse de forma illada (excepto o diario de viaxe).
Contidos relacionados: