Le chemin de Saint-Jacques de Compostelle. Vézelay: Buffet
Materia: Francés
Descrición: Contido dinámico que incorpora un simulador conversacional co que o alumnado poderá aprender e practicar vocabulario e expresións referentes ás comidas, aos gustos e ás alerxias a través dunha narrativa na que se lle presentan o Camiño de Santiago francés e a cidade de Vézelay. O alumnado empregará o seu avatar e interactuará con diferentes personaxes para coñecer os seus gustos e entregarlle un servizo completo de comidas (entrante, prato principal, sobremesa e bebida).
Tipo de recursos:
- Actividades interactivas e creador de avatares.
- Simulador conversacional con locucións reais subtituladas.
Número de sesións estimadas: Segundo criterio docente e nivel do alumnado.
Aclaracións:
- A iniciativa "Le chemin de Saint-Jacques de Compostelle" consta de 3 contidos secuenciais (paradas) e un diario de viaxe complementario:
1. Vézelay: Buffet
2. Limoges: Les Halles
3. Perigueux: Boutique
*. Carnet de Voyage
- Aínda que a iniciativa está deseñada de xeito secuencial, os contidos tamén poden traballarse de forma illada (excepto o diario de viaxe).
Outras características:
- Actividades aleatorias.
- Glosario con traducións francés-galego/castelán.
Contidos relacionados: