Hidrosfera
Unidade didáctica que consta de 8 videoleccións e 6 prácticas de laboratorio, nas que se desenvolve o tema da hidrosfera.
Estas vídeoleccións combinan as explicacions en campo e en laboratorio, con vídeo narrado, animacións e secuencias de actividades de laboratorio. A duración de cada un dos videotitorias está comprendida entre os 3 e os 12 minutos e consta de:
1. Unha estrutura fixa secuenciada seguindo o seguinte esquema:
- a. Introdución do tema a tratar.
- b. Desenvolvemento do tema.
- c. Inserción de ideas chave ao longo do vídeo.
- d. Peche e consideración final.
2. Unha serie de actividades e información puntual inserida en diferentes momentos do libro virtual, que precisan da interacción do usuario para seren executados:
- a. Test, cuestionarios, autoavaliacións dixitais interactivas dos contidos desenvolvidos.
- b. Enlaces a webs, fundacións, xornais, etc.
- c. Vídeos de produción propia.
- d. Imaxes: fotografías, debuxos, gráficos propios e alleos con licenza CC.
3. Acceso aos materiais para imprimir e ás diapositivas en Canva