Northern England Tour. Stoke-on-Trent: Market
Materia: Inglés
Descrición: Contido interactivo que incorpora escenarios de scape room nos que o alumnado terá que superar retos nos distintos postos que forman parte do Mercado de abastos da cidade de Stoke-on-Trent para conseguir premios que intercambiar por un artigo de recordo na tenda de souvenirs.
Cunha gran variedade de exercicios diversos, o alumnado poderá aprender e practicar vocabulario e expresións referentes á vaixela e á porcelana, aos tés, á panadaría e pastelaría e ás cooperativas de alimentos ecolóxicos, ao tempo que coñece a cultura inglesa.
Tipo de recursos:
- Actividades interactivas e creador de avatares.
- Escenarios interactivos.
Número de sesións estimadas: Segundo criterio docente e nivel do alumnado.
Aclaracións:
- A iniciativa "Northern England Tour" consta de 2 contidos secuenciais (paradas), así como un diario de viaxe e un creador de avatares complementarios:
-
1. York: Second hand shop
2. Stoke-on-Trent: Market
*. Travel diary
*. Create your own avatar - Aínda que a iniciativa está deseñada de xeito secuencial, os contidos tamén poden traballarse de forma illada (excepto o diario de viaxe).
Outras características:
- Actividades con audios integrados.
Contidos relacionados: