Northern England Tour. Travel diary
Materia: Inglés
Descrición: Contido interactivo que permite ao alumnado crear o seu propio diario de viaxe rexistrando as súas experiencias nas distintas paradas da iniciativa Northern England Tour. A narrativa do tour polo norte de Inglaterra e a creación dinámica do diario, que recolle as preferencias de cada persoa no seu deseño (cor, fotografías etc.), motivan ao alumnado a anotar un breve resumo de cada contido e unha lista de conceptos ou expresións aprendidas, contribuíndo así á asimilación do coñecemento adquirido e a súa expresión escrita.
Tipo de recursos:
- Actividades de escritura.
- Creador de avatares e dun diario de viaxe personalizado.
Número de sesións estimadas: Segundo criterio docente e nivel do alumnado. Recoméndase dedicarlle parte dunha sesión cada vez que se remate un dos outros contidos da iniciativa.
Aclaracións:
- A iniciativa "Northern England Tour" consta de 2 contidos secuenciais (paradas), así como un diario de viaxe e un creador de avatares complementarios:
1. York: Second hand shop
2. Stoke-on-Trent: Market
*. Travel diary
*. Create your own avatar
- Aínda que a iniciativa está deseñada de xeito secuencial, os contidos tamén poden traballarse de forma illada (excepto o diario de viaxe).
Contidos relacionados: