De lingua en lingua: abril

Visto: 0 veces
2019-05-08

Proxecto educativo plurilingüe (galego, castelán, inglés) composto por unidades didácticas integradas, deseñadas para que corresponda unha por mes, desde outubro a xuño, ao desenvolverse todas elas arredor de datas conmemorativas propostas no calendario escolar. Neste caso concebiuse para traballar a semana do libro.

Secuencias de lingua. Máis que protesta

Visto: 0 veces
2018-05-21

Unha das catro unidades que conforman o proxecto "Secuencias de lingua". Neste caso trátase da elaboración de reportaxes sobre as necesidades da nosa vila, barrio ou parroquia, para contribuír a dar voz ás demandas existentes. Permite establecer conexión cos movementos sociais para a aprendizaxe por servizo. Intégrase a literatura para tratar o papel social dos e das creadoras.

Secuencias de lingua. Como a vida mesma.

Visto: 0 veces
2018-05-21

Unha das castro unidades que conforman o proxecto "Secuencias de lingua". Neste caso trátase da traslacion á cronica xornalística dos sucesos da literatura de circunstancias das etapas abordadas en 3º ESO. Trátase de producir relatos en forma de cronica baseándonos nos sucesos que recolle a literatura dos séculos XVI-XIX para compoñer unha revista dixital. A cronica de sucesos é un xénero que permite profundar na narracion

Secuencias de lingua. Pór dereito

Visto: 0 veces
2018-05-21

Unha das catro unidades que conforman o proxecto "Secuencias de lingua". Neste caso trátase da composición de folletos con propostas de mellora das normas legais básicas referentes aos dereitos humanos frustrados: vivenda, emprego, servizos sociais ou inmigración. Proponse revisar criticamente os dereitos humanos para inserir concrecións que puidesen estear mellor os dereitos.

Aurea dicta

Visto: 0 veces
2017-05-23

Calendario de conmemoracións que se desenvolven ao longo do curso académico, á que se lle engade un Aurea dicta, é dicir, un dito de ouro, unha frase lapidaria, breve e sincrética que invite ao profesorado e ao alumnado a unha reflexión máis ou menos profunda.

Aplicación de ferramentas dixitais no comentario literario de textos líricos en galego e castelán

Visto: 0 veces
2015-05-21

O comentario de textos líricos concrétase dentro das programacións das materias de Lingua galega e literatura e Lingua castelá e literatura de 3º e 4º de ESO, nos bloques de contidos propostos no currículo baixo o epígrafe "A educación literaria".