LEGO-Pretexto

Visto: 141 veces
Votos
Media: 5 (1 voto)

27/06/2022

miniatura recurso

LEGO-Pretexto está pensado para ser empregado nas materias de Lingua e Literatura galega e castelá para os cursos de 3º e 4º de ESO.

Estes materiais dixitais pretenden tomar como punto de partida os textos narrativos, esas construcións que grandes autoras e autores da literatura crearon xogando coas palabras para contarnos as súas historias. Propoñerémoslle ao alumnado a lectura dunha selección de textos representativos co pretexto de deconstruír nun xogo á inversa os diferentes aspectos lingüísticos e literarios que os conforman.