Protege tu intimidad
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Ao longo da situación de aprendizaxe proposta o alumnado aprenderá a coñecer e valorar a súa tradición literaria e a xestionar a información a través da análise crítica das mensaxes aparecidas nos medios de comunicación e nas redes sociais.
O reto consiste na elaboración dunha antoloxía multimedia para poñer en valor manifestacións poéticas e musicais nas que se atopen tópicos literarios. Ademais, ensinarase ao alumnado a buscar información en Internet de maneira crítica, a salvagardar a súa seguridade na Rede e a filtrar comentarios desagradables que se atopen na web.