¡No nos mires, iguálate!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe está deseñada para que o alumnado, analizando ás características propias da lingua oral e da lingua escrita, contribúa a facer do centro educativo un lugar máis igualitario a todos os niveis (zonas de xogo e patios inclusivos, roles nas actividades de clase, uso da linguaxe inclusiva, baños públicos máis igualitarios no centro... ).
No reto proposto, o alumnado, a través da experiencia previa na súa vida cotiá e das súas emocións e vivencias persoais sobre situacións de desigualdade, deseñarán unha campaña de sensibilización en igualdade de xénero.