A enerxía e as súas fontes. Porcentaxes e aplicacións
Unidade didáctica 2 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Continuación dos contidos da Unidade didáctica 1 do módulo 2, referidos á enerxía (fontes de enerxía, renovables e non renovables, repercusións no medio ambiente,...); remata o bloque con algúns datos sobre a produción, o transporte e o consumo de enerxía en Galicia.
Na segunda parte trátanse as porcentaxes e o seu cálculo: porcentaxe dunha cantidade e os aumentos e diminucións porcentuais (subas salariais, descontos nas rebaixas, etc.).
Ámbito Científico-Tecnolóxico