A Terra por dentro. Teorema de Pitágoras. Semellanza
Unidade didáctica 5 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Nesta unidade estúdanse os principais fenómenos que acontecen na superficie terrestre debido á estrutura e á enerxía interna da Terra: sismos, volcáns, formación de montañas, deformación dos materiais, etc. Descríbense os procesos de formación e transformación das rochas.
Así mesmo, estúdase o teorema de Pitágoras e analízanse as propiedades das figuras semellantes e as relacións métricas entre elas a partir das condicións de aplicación do teorema de Tales.
Ámbito Científico-Tecnolóxico