Luz e son. Ecuacións
Unidade didáctica 4 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Estúdanse a orixe, a natureza e a propagación da luz e do son e as súas propiedades comúns, por seren ambos fenómenos de natureza ondulatoria, realizándose experiencias con espellos e lentes, para analizar feitos como a reflexión e a refracción da luz.
A unidade complétase coa aplicación das ecuacións de primeiro grao á resolución de problemas, así como outros métodos non alxébraicos de aproximación ao resultado dun problema.
Ámbito Científico-Tecnolóxico