Cálculo de volumes. Cociña Xeométrica

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Matemáticas

Descrición: Contido dinámico que permite iniciar ao alumnado no cálculo de volumes das figuras xeométricas a través da elaboración de comidas con formas xeométricas, seguindo paso a paso a súa receita para comprender o proceso de cálculo de volumes. 
Trabállase as fórmulas matemáticas, os elementos das figuras que interveñen no cálculo e as unidades para os seguintes corpos xeométricos: prisma triangular, prisma pentagonal, prisma hexagonal, pirámide cuadrangular, cono, cilindro e esfera.

Ciencia Cidadá. Guía Confort na aula (es)

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Descrición: Guía didáctica do proxecto Confort na aula na que o profesorado atopará as ferramentas necesarias para desenvolver co seu alumnado un proxecto de investigación sobre a importancia do confort higrotérmico e o control dos niveis de CO2 da súa aula, empregando tecnoloxía presente nos centros educativos e coa posibilidade de participar nunha análise colectiva do estado das nosas aulas seguindo os principios da Ciencia Cidadá.

Tipo de recursos: 

Ciencia Cidadá. Guía Confort na aula (gal)

Ciencia Cidadá. Guía Microplásticos na area (es)

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Descrición: Guía didáctica do proxecto Microplásticos na area que ofrece as pautas e metodoloxía necesarias para a participación neste proxecto de ciencia cidadá, involucrando ao alumnado en todas as fases da investigación e creando conciencia da situación medioambiental das nosas costas. 

Tipo de recursos:

  • Guía interactiva.

Número de sesións estimadas: 4-5 aproximadamente.

Aclaracións:

Pasaporte emocional. Viaxe emocionante (ESO)

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos. ​Emprégase a arte, a historia e a narrativa para profundar no traballo introspectivo do alumnado, así como para fomentar debate e pensamento crítico.

Tipo de recursos:

Le chemin de Saint-Jacques de Compostelle. Vézelay: Buffet

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Francés

Descrición: Contido dinámico que incorpora un simulador conversacional co que o alumnado poderá aprender e practicar vocabulario e expresións referentes ás comidas, aos gustos e ás alerxias a través dunha narrativa na que se lle presentan o Camiño de Santiago francés e a cidade de Vézelay. O alumnado empregará o seu avatar e interactuará con diferentes personaxes para coñecer os seus gustos e entregarlle un servizo completo de comidas (entrante, prato principal, sobremesa e bebida).

Tipo de recursos: 

Introdución á IA. Liña do tempo (es)

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Intelixencia artificial

Descrición: Recurso interactivo para traballar os eventos máis relevantes da historia da Intelixencia Artificial (IA) na aula. Iniciando o percorrido en 1950 e chegando ata a actualidade, inclúense fitas como a consolidación da IA como campo de investigación, o desenvolvemento dos primeiros chatbots, a aparición da domótica ou os éxitos da IA nas competicións con seres humanos.

Tipo de recursos: 

Introdución á IA. Liña do tempo (gal)

Introdución á IA. Intelixencia Artificial: Guía do profesorado (es)

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Intelixencia artificial

Descrición: Guía didáctica dirixida ao profesorado que ofrece os conceptos básicos, as pautas e a metodoloxía necesarias para incorporar a aprendizaxe da Intelixencia Artificial (IA) na aula, tanto de forma específica como de forma transversal nas distintas materias.​

Tipo de recursos: